Saltar ao contido

Pemón Bouzas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPemón Bouzas

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Ribeira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3747646 BNE: XX1501717 BUSC: bouzas-pemon-1957 Dialnet: 2484801 Editar o valor en Wikidata


José Ramón Bouzas Camaño, nado en Palmeira (Ribeira) en 1957, é un xornalista e escritor galego.[1]

Traxectoria audiovisual

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago.[2]. En 1979 comeza a traballar na emisora de Radio Galicia Cadena SER, e en 1985 pasa á Cadena COPE. A finais dese mesmo ano, e tras a creación da Televisión de Galicia, incorpórase á televisión pública de Galicia onde desenvolve o seu labor profesional, ao que sumou entre 1986 e 1992 tamén a dirección e presentación de programas na Radio. Durante os primeiros anos da súa carreira realizou programas de entretemento e magazines como Entre nós, Coa miña xente co que acadou o premio TP de Ouro; o cultural Espacio aberto e os musicais Venres Show co que gañou o premio TP ao mellor musical,  e Noite de estrelas, programas cos que se fixo popular. Tamén realizou o documental Rapa das bestas de Sabucedo (1988) con Victorino Lourido. Asemade, acadou gran impacto coa dirección e presentación do programa  Encontros, onde se visitaba aos galegos na emigración e se favorecían os reencontros familiares entre emigrados e os seus familiares en Galicia. Entre 2004 e 2008 dedicouse á produción, dirección e realización de documentais como O Camiño Francés (2004), Historias de Compostela (2004), Jacinto Caamaño, o paso do Noroeste (2006), Encrucilladas (2007), Un mar de velas (2007), Correlingua (2008), ou Paixón polo mar (2008) en colaboración con Victorino Lourido. Durante varios anos dirixiu e presentou o programa cultural Eirado emitido pola G2 da Televisión de Galicia. Dende 2013 volveu os Servizos Informativos onde dirixiu programas como A Revista fin de SemanaA Revista semanal.  

Participou, excepcionalmente, como actor na curtametraxe Por una mujer (2006).

Ten colaborado eventualmente en diversas revistas de ámbito estatal como Clío, Mercurio, Más allá  e Viajes.  

Traxectoria literaria

[editar | editar a fonte]

Como escritor, comezou publicando en castelán Mitos, ritos y leyendas de Galicia (2000) en colaboración con Xosé Antonio Domelo, Santiago, ¿y después de abrazar al Santo que? (2004) en colaboración con Xosé A. Domelo, El informe Manila (2005), Las luces del norte (2008) e 100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida (2010).

En lingua galega publicou o conto de Nadal A Estrela de Oriente (2010),o libro de viaxes Novos pasos por Bretaña (2014) e a novela A voz do vento (2014) coa que gaño na versión en castelán, La voz del viento, o LX Premio Ateneo Ciudad de Valladolid co lema “El espíritu del aire”, ambientada nos dramáticos acontecementos que rodearon a figura de María Soliño. A derradeira partida de guerrilleiros antifranquistas que operou entre Galicia e as comarcas leonesas do Bierzo e La Cabrera inspirou a novela Cando os lobos escoitaban a radio (2022).  

Colaborou nos libros Aid, rapoemas (2012) e Luar Na Lubre - Encrucillada XX (2023).

Ten participado como conferenciante en actividades de diferentes universidades, institucións e colexios.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
Pemón Bouzas na Televisión de Galicia
Pemón Bouzas dirixindo o programa A revista fin de semana da TVG.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • El Informe Manila (2005). Barcelona: Martínez Roca. Sobre a vida da navegante, probablemente galega Isabel de Barreto.
  • Las luces del norte (2008). Styria.
  • La voz del viento (2014). Algaida.
  • Mitos, ritos y leyendas de Galicia (2000). Barcelona: Martínez Roca. En colaboración con Xosé Antonio Domelo.
  • Santiago de Compostela. ¿Y después de abrazar al santo qué? (2004). Barcelona: Martínez Roca. En colaboración con Xosé Antonio Domelo.
  • 100 Cosas que hacer en Galicia al menos unha vez en la vida (2010). Barcelona: Martínez Roca.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor comunicador de televisión Encontros Nomeado
  • Premio Tp ao Mellor programa musical Venres Show de TVG (1989)
  • Premio Tp de Ouro ao personaxe máis popular por Coa miña xente de TVG (1992)
  • LX edición dos Premios Ateneos de Valladolid, por La voz del viento.[7]
  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-10. 
  2. "Pemón Bouzas: Un descubridor de grandes historias". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-25. Consultado o 2022-03-10. 
  3. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-10. 
  4. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-10. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-10. 
  6. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-10. 
  7. "Los escritores. Entrevistas. Pemón Bouzas: "La voz del viento, es una historia de valores". LX Premio Ateneo de Valladolid". Olelibros (en castelán). 2014-06-03. Consultado o 2022-03-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]